martes, 31 de mayo de 2011

Boas Noites, si todavía podes telas.

Non lle debo nada a naide, e moito menos explicacións a alguén coma ti. Que aínda que me suba algo que fai que o estómago se me peche e me comece unha dor, non vou decir nada, vou seguir cara adiante coma se ti non existises. E si te vexo? Pois si te vexo vinte e adeus moi boas. Pensabas que me pararía a mirarte? A mirar como cambiaches? Non, tranquilo que non, e si o faigo, tranquilo que eso tampoco o saberás. Igual me tes por burriña, pero aínda ahora sigo sendo máis lista ca ti, mágoa que te esteas a perder tantas cousas. Sabes que aprendín durante este ano? Que gilipollas así abondan por todo lados, ás veces hasta lles choramos a ausencia e despos ris por non chorar, sobretodo pola mágoa que che da terlle chorado a ausencia a alguén así. Digo "así", pero ti xa entendes  a que me estou a referir, non? Apeneime de min mesma, sabías? Querer tanto a alguén para acabar transformandoi noutro verbo tan noxento, desde logo, ver para creer, porque para outra cousa non vales. Iso, que boas noites e que desfrutes do martirio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario